Do 06-10-2018 ao 07-10-2018
Bosques con vida é un proxecto de custodia do territorio que xorde co obxectivo de intervir na mellora ambiental do monte comunal da parroquia de Rebordelo, no concello de Cerdedo-Cotobade. Para este fin, os vindeiros días 6 e 7 de Outubro terán lugar as primeiras xornadas de voluntariado ambiental, as cales contan coa colaboración da C.M.V.M.C. de Rebordelo e do grupo ecoloxista ADEGA, e son financiadas ao abeiro do programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia
Durante estas dúas xornadas de traballo densenvolveranse as seguintes actividades:
As xornadas de voluntariado de Bosques con Vida desenvolveranse nunha área do monte veciñal de Rebordelo que corresponde a unha antiga corta mineira, cuxa actividade provocou a aparición de charcas que albergan hoxe en día unha gran cantidade de biodiversidade e que se están a colmatar. Estes terreos tamén foron afectados pola vaga de incendios forestais de outubro do 2017, polo que as accións de voluntariado permitirán poñer en valor e restaurar o patrimonio natural da comunidade de montes.
Este monte comunal representa unha mostra ecolóxica e etnográfica da paisaxe en transición entre as serras litorais e a dorsal galega. Polo tanto, a súa rexeneración e conservación garante a súa función como corredor ecolóxico entre as dúas Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais dentro do concello de Cotobade: o ZEPVN Río Lérez e ZEPVN Serra do cando.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal