ADEGA

Inicio / Axenda / Almanaque / Roteiro polos Canóns do río Rao- Os...

Do 09-02-2018 ao 18-02-2018

Roteiro polos Canóns do río Rao- Os Cortíns (Navia)

O vindeiro domingo, 18 de febreiro, ADEGA-Lugo convida a unha nova andaina pola provincia lucense, dentro do programa de roteiros 2017-2018 denominado "20 Anos camiñando con ADEGA-Lugo".

Neste caso, a ruta discorrerá polos Canóns do río Rao de Navia de Suarna, pola coñecida como Ruta dos  Cortíns. Será dunha lonxitude de 13 quilómetros e de dificultade media.

Percorrido

te roteiro descorrerá por fermosas paisaxes do concello de Navia de Suarna e permitiranos gozar ademais dos seus destacados valores biolóxicos, tamén duns elementos etnográficos moi representativos desta zona. Trátase das alvarizas ou cortíns, construcións de pedra (xisto na maioría dos casos) a ceo aberto, de forma circular ou ovalada destinadas á protección das colmeas (trobos) fronte ao ataque dos animais, principalmente osos. Os muros dos cortíns están cubertos xeralmente por lousas grandes que sobresaen cara ao exterior entre 15 e 30 cm, tendo unha función equivalente aos tornarratos dos hórreos. Na actualidade , a maioría destes cortíns están en estado de abandono debido ao despoboamento da comarca e á perda da actividade melífera.

O punto de partida do roteiro será a confluencia de río Rao co río Navia (300 m de altitude). Avanzando por camiños empregados no pasao polos carros, pasaremos pola aldeas deshabitadas de Envernallúas e de Muruás, podendo contemplar nesta última un dos cortíns máis maxestosos da zona. Posteriormente, pasaremos por Prebello e, seguindo camiño cara a Asar, poderemos tomar un descanso para refrescarnos nunha oportuna fonte. Pasando a continuación pola aldea de Meda, chegaremos ao punto de destino: Rao (600 m). Neste último tramo teremos ocasión de visualizar máis cortíns.

Reserva a túa praza!

A reserva de praza debe realizarse, chamando ao local de ADEGA-Lugo (982240299) ou ao móbil (679113718) ou enviando un mail a adegalugo@adega.gal co teu nome completo e número de contacto, polo menos con 3 días de antelación.

Ollo!: A partir do xoves, 15 de febreiro,só poderás contactar con ADEGA a través do teléfono móbil, polo que recomendamos que reserves a praza antes.

Cubriranse as prazas ata que se esgoten.

SAÍDA do autobús terá lugar o domingo, 18 de febreiro, diante da Facultade de Profesorado de Lugo (antigo Maxisterio) ás 9 HORAS

Se por algunha razón, as persoas que xa teñan reservado praza non poden asistir ao roteiro, prégase que avisen por teléfono coa máxima antelación posible para dar cabida a que outra xente participe.

Os prezos para a realización desta actividade son:

  • Xeral: 18€.
  • Estudantes e desempregad@s: 15€.
  • Soci@s de ADEGA: 12€.
  • Ata 14 anos: 5€.
O pago realizarase no autobús.

As persoas participantes deberán levar a súa comida e roupa e calzado axeitados. 

O bo humor é cousa de todas/os!

Anímate a participar!

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal