Do 22-11-2013 ao 23-11-2013
Obxectivo xeral
Compartir experiencias tanto a nivel galego como estatal e de outros paises europeos, descubrindo novas maneiras de xestionar os residuos nun contexto de crise financeira, resolvendo dúbidas e respondendo a cuestións que poidan axudarnos a mellorar os nosos modelos de xestión.
Obxectivos específicos
Dar solución á problemática dos residuos, descentralizar a súa xestión; reducir na orixe; promover ciclos curtos e na pequena escala; superar o descoñecemento e desconfianza na compostaxe por parte de cargos políticos e técnicos administrativos; fomentar a participación da cidadanía nun modelo sustentábel de xestión dos residuos; coñecer e controlar o proceso de compostaxe nas escalas doméstica e comunitaria e fomentar o contacto das persoas coa terra como sistema vivo através da participación directa no seu ciclo de produción e recuperación.
A quen está dirixido
O Foro está dirixido a persoal técnico, responsábeis públicos, produtores/as e xestores/as de residuos e publico en xeral, que queiran compartir a sua experiencia e atopar información útil e práctica para mellorar os sistemas de xestión nos seus territorios. Asistenza libre e gratuita previa inscrición. Descarrega a FICHA (ver abaixo) e envíaa adega@adega.gal; FAX 981570099.
Data: 22 e 23 de novembro
Lugar: Sexto edificio do Museo de Pontevedra (Rúa Padre Amoedo Carballo, esquina Sierra, Pontevedra)- Ligazón GOOGLE Maps
PROGRAMA:
Venres 22 de novembro
10.00h Inauguración das xornadas
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal