ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Marcha a favor das persoas refuxiadas

13-05-2017

Marcha a favor das persoas refuxiadas

A iniciativa está organizada pola Fundación Eira, Médicos do Mundo e AAVV Agra do Orzán e nela colaboran os concellos, Deputación de Pontevedra e outras entidades que podedes ver no cartaz.
 
O obxectivo xeral da actividade é facer un chamamento a favor das persoas demandantes de refuxio, cunha marcha simbólica que terá diferentes puntos de saída e co punto final no centro xeográfico da Galiza, no equipamento da Eira da Xoana.
Os puntos de saídapara a marcha que temos concretados ata o momento, serán os seguintes:

  • Melide: xardíns do centro de Melide. 10.00 hs.
  • Palas de Rei: praza do Concello. 10.00 hs.
  • Antas de Ulla: praza do Concello. 10.00 hs.
  • Agolada: pendellos de Agolada. 10.00 h.
  • Santiso: praza do Concello. 10.00 hs.
Haberá coches de apoio durante as marchas para recoller ás persoas que o precisen. O PROGRAMA DA XORNADA , unha vez que cheguemos ata a Eira da Xoana, SERÁ O SEGUINTE:
  • 13.00 – 14.00 h: Chegada á Eira. Realizaremos saídas colectivas á procura dos coches particulares estacionados nos lugares de inicio da marcha.
  • 14.30 h: Xantar comunitario. Cadaquém traerá o seu para compartillar.
  • 16.00 h: Inicio do acto no que teremos diferentes intervencións literarias e musicais. De momento teñen confirmada a súa participación:Músic@s: Eviña de la Torre, cantareir@s e pandereteir@s.comTIGO,…
    Contacontos: Anxo Moure, entre outros.
Para facilitar a organización do evento, agradecemos nos comuniquedes a vosa participación, enviándonos un mail a fundacion@eiradaxoana.gal, chamando aos teléfonos do contacta da web ou no formulario que atoparedes tamén na web. Para máis información, como sempre, entra en: http://eiradaxoana.gal

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal