ADEGA

Inicio / Axenda / Almanaque / Exposición sobre as EEI no IES Manuel...

Do 08-10-2018 ao 19-10-2018

Exposición sobre as EEI no IES Manuel García Barros de A Estrada

Até o día 19 de outubro estará nos pasillos do IES Manuel García Barros de A Estrada a exposición sobre especies exóticas invasoras "UNHA INVASIÓN SILENCIOSA. A BIODIVERSIDADE BAIXO AMEAZA".

A exposición recolle en trece paneis diferentes aspectos relacionados coa problemática das especies exóticas invasoras. Que son?, cal é a súa orixe e que implica unha bioinvasión, así como, os principais ecosistemas afectados e as especies máis comúns e algunas cuestión que podemos facer para atallar este problema.

A introducción de especies invasoras é na actualidade un dos principais factores de ameaza para a biodiversidade a nível planetario. ADEGA ten realizado nos últimos anos numerosas actuacións de divulgación sobre esta problemática así como numerosas actuacións de eliminación de flora exótica invasora en diferentes espazos naturais galegos.

A exposición realizada por ADEGA contou co finaciamento da Dirección xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia ao abeiro do convenio entre estas duas entidades. Realizarase tamén unha actividade relacionada coa problemática das invasoras o día 18 de outubro co alumnado do centro de ensino.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal