Inicio / Axenda / Educación ambiental / XII Encontro de Voluntariado e Bioblitz do...
09-07-2016
Nesta actividade, os asistentes, organizados en pequenos grupos, percorrerán treitos do río para coñecer máis de cerca os tesouros naturais que agochan os cursos fluviais. Cada grupo se dedicará a buscar e fotografar especies de flora e fauna coa finalidade de identificalas, ben no momento, ben ao regreso da saída co asesoramento de expertos/as e guías de campo. Con esta actividade queremos divulgar a biodiversidade que vive nos nosos ríos, e as ribeiras do río Sor é un espazo moi acaído para a realización desta actvidade.Contaremos coa colaboración da Asociación Nordés Faladora, que levan varios anos inspeccionando varios treitos do río Sor.
Proxecto Ríos é unha iniciativa de voluntariado e educación ambiental de ADEGA promovida por Augas de Galicia.
A ruta é lineal e de aproximadamente 10 Km de baixa dificultade.
Programa:
10:30 Recepción de participantes en Ponte Segade e presentación.
11:00 Desprazamento ata Ribeiras do Bispo e inicio do bioblitz.
14:30 Xantar.
16:30 Continuación do bioblitz.
19:30 Remate da actividade.
Anímate a participar!!
É preciso inscribirse nos seguintes teléfonos ou e-mails:
Viqui: 650 261 283 viqui@adega.gal
Paco: 627 628 194 pacobanhobre@adega.gal
Local de ADEGA: 981 57 00 99 / 619 672 038
Asociación Nordés (Ricardo): 653 756 454; asociacion.nordes@gmail.com
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal