01-12-2015
VI Xornada da sustentabilidade na UDC
O vindeiro 1 de decembro celébrase a VI Xornada de Sustentabilidade na UDC. Un ano máis, gustaríanos invitarvos a participar nas actividades que organiza a OMA (Oficina de Medio Ambiente), en colaboración con ADEGA, aproveitando a chegada do Nadal para fomentar entre a comunidade universitaria unha mensaxe de consumo responsable e coñecer diferentes entidades e asociacións ambientalistas.
Durante toda a xornada poderás participar en:
- Obradoiro de libretas 2 caras 2 usos
- Exposición A Pegada Ecolóxica
- Mercadiño de troco
Trae os teus Libros, Roupa e Accesorios e volta a casa con uns novos!! Contaremos con
puntos de recollida de:
- Móbiles
- Roupa e xoguetes
- Aceite usado
Participa doando as cousas que xa non che serven!! Haberá
obradoiros gratuitos durante a xornada:
- Cosmética natural
- Reutilizamos caixas de froita e botellas
- Creación de adornos de Nadal con refugallos ü Ergonomía e mantemento da bici
Consulta horarios no blog da OMA, e inscríbete en oma3@udc.es Ademais, contaremos coa proxección de
Fíos Fora, documental que fai un novelo do sector téxtil en Galiza e no extranxeiro, antes e agora
.http://fiosfora.gal/ Algunhas das entidades participantes que poderás coñecer son:
ADEGA, Enxeñería sen fronteiras, Arquitectura sen fronteiras, Mulleres colleiteiras, Mobi-Liza, Espiga, Grupo Naturalista Hábitat, CEIDA, Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC, Mar de Mares, Equus Zebra, Mobilizate pola Selva. Esperámoste o día
1 de decembro na Facultade de Ciencias da Comunicación e Socioloxía, en horario de 11 a 18 horas!!
Ven e participa!! Máis información no
blog na OMA, Facebook e Twitter.
Ligazóns