Inicio /
Axenda /
ADEGA /
Xornadas ´A compostaxe: experiencias...
Do 27-11-2015 ao 28-11-2015
Xornadas ´A compostaxe: experiencias prácticas´
Xornadas “A COMPOSTAXE: EXPERIENCIAS PRÁCTICAS”
No marco da Semana Europea da Prevención de Residuos, estas xornadas pretenden ser un espazo para partillar experiencias en torno a redución e prevención de residuos, usando como ferramenta a compostaxe caseira e comunitaria.
Todos os proxectos son viábeis en calquera concello da Galiza, polo que estas xornadas son de especial interese para responsábeis municipais.
Neste foro asistirán expertos en residuos da Galiza e outras zonas do estado como Euskadi e Catalunya. Persoas e entidades cunha ampla experiencia na implantación de proxectos compostaxe caseira e comunitaria.
Programa
Venres 27 de novembro. Salón de actos da Deputación de Lugo
10:00h Presentación das Xornadas
10:15h Conferenza inaugural: novidades na xestión de residuos: Ramón Plana, mestre compostador
11:00h Pausa: café ecolóxico e de comercio xusto coa Cova da Terra
11:30h Mesa redonda. Experiencias de compostaxe en concellos:
- Resultados do Porta a Porta. Secundino García, Alcalde de San Sadurniño
- Compostaxe no horto infantil ecolóxico. Evencio Ferrero, Alcalde de Carballo
- Compostaxe caseira e comunitaria. Xosé Romero, Técnico de medio ambiente de Allariz
- Compostaxe comunitaria en Navarra. Joseba Sánchez, Vermican
13:15h Videoconferenza: Experiencias de compostaxe. Gemma Nohales Agència d’Ecologia Urbana de Barcelona
14:00h Xantar: petiscos ecolóxicos coa Cova da Terra
16.00h Mesa redonda e debate: experiencias de compostaxe
- Compostaxe nos comedores universitarios da UDC. María R. Lafuente, ADEGA
- Compostaxe de restos de parques e xardíns. Gregorio López, Concello de Compostela
- Compostaxe de algas e restos de peixe. Marta Illera, USC campus de Lugo
Sábado 28 de novembro. Mancomunidade do Barbanza
(Lousame) e Luou (Teo) Visitas á experiencias de compostaxe. Saída ás 9.30h da Avda Ramón Ferreiro (frente ao antigo Maxisterio de Lugo)
- Planta de compostaxe da Manc. de concellos Serra do Barbanza
- Fogar do Santiso*: máquina de compostaxe na hostelaría
- Charla de compostaxe e uso de compost en horta ecolóxica: María R. Lafuente, ADEGA; Marcos Besada, A Estruga
*Opción de xantar ecolóxico no Fogar do Santiso por conta propia Durante todas as xornadas estará instalada a
Exposición sobre a compostaxe (11 rollers + 1 composteiro)
Organiza: ADEGA;
Financia: Deputación de Lugo
Ligazóns
Descargas