ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Roteiro aos castros do Courel

25-10-2015

Roteiro aos castros do Courel

O vindeiro domingo, 25 de outubro, ADEGA-Lugo dá comezo ao ciclo de roteiros "Memoria Pétrea" deste curso 2015-2016, cunha visita a tres dos castros do Courel. Este programa de roteiros está dedicado a coñecer algúns dos bens culturais e patrimoniais máis antigos de Galiza, cuxo común denominador serán os castros.

Percorrido

Comezamos a campaña de roteiros “Memoria Pétreadesprazándonos ao Courel, nunha época do ano que nos permitirá tamén gozar das súas fermosas paisaxes outonais, propias de bosques de castiñeiros, aciñeiras, freixos, pradairos, rebolos, etc. Son moitos os lugares do Courel nos que se conservan vestixios do pasado, entre eles varios castros.

A ruta principiará coa visita ao Castro de Paderne e, pasando polo Castro de Brío (cunha altitude de 1035 m), rematará no Castro da Torre. Ademais da visita a estes 3 elementos patrimoniais, ao longo da ruta teremos unha impresionante panorámica de varios dos lugares máis emblemáticos do Courel: Serra Principal, Formigueiros, Faro, Piapaxaro, Teso Papoulas, Mallón, Devesa da  Rogueira, Devesa de Paderne, etc.

O percorrido transcorrerá por camiños cheos de follas secas, ourizos e castañas a través dos canóns do Río Pequeno e o Río Lor. Remataremos a xornada cun magosto en Ferreirós de Abaixo, na singular taberna  “O Pontón”.  

Lonxitude: 12  km de dificultade media-alta:
media, no percorrido xeral, e alta nos desvíos aos tres castros. En caso de cansazo pode optarse  por non realizar algúns dos ascensos máis duros. 

Reserva de praza

A reserva de praza debe realizarse, chamando ao local de ADEGA-Lugo (982240299) ou ao móbil (679113718).

Faranse reservas até esgotar prazas!

A SAÍDA do autobús terá lugar o domingo, 25 de outubro, diante da Facultade de Profesorado de Lugo (antigo Maxisterio) ás 9 HORAS.

Se por algunha razón, as persoas que xa teñan reservado praza non poden asistir ao roteiro, prégase que avisen por teléfono coa máxima antelación posible para dar cabida a que outra xente participe.

Prezos

Os prezos para a realización desta actividade son:

  • Xeral: 15€.
  • Estudantes, xubilad@s e desempregad@s: 12€.
  • Soci@s de ADEGA: 10€.
  • Ata 17 anos: 5€.

Recomendacións

As persoas participantes deberán levar roupa e zapatos cómodos para camiñar e tamén comida e bebida.

Opcional. Tamén recomendamos levar impermeable por se choeve e paus de apoio para a subida e baixada de costas.

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal