ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Xornada sobre a Píllara das dunas....

09-10-2015

Xornada sobre a Píllara das dunas. Situación e perspectivas

Venres 9 de outubro

ADEGA organiza unha xornada sobre a píllara das dunas o próximo 9 de outubro. A xornada celebrarase no Centro de visitantes do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia na cidade de Vigo. A actividade organízase coa colaboración da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestrutura.

A píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) é unha especie limícola que vive nalgunhas praias de Galicia. Este pequeno paxaro é unha das especies ameazadas que temos no noso País. Hoxe en día quedan poucas parellas nas nosas praias que requiren a nosa máxima atención, xa que a conservación da biodiversidade é unha tarefa de toda a cidadanía.

As principais ameazas desta especie son: a destrución do seu hábitat, a depredación dos niños, as limpezas mecánicas das praias, molestias por persoas ou cans, circulación de vehículos e algunhas actividades deportivas nos areais.

As xornadas serán un punto de encontro para expertos e aficionados na conservación da avifauna galega, e desta especie en particular, así como usuarios dos areais, xestores destes espazos, educadores ambientais, e calquera persoa interesada no tema.

Durante a mañá haberá unha serie de charlas a cargo da Dirección Xeral de conservación da Natureza, onde se comentará o estado do Plan de conservación da especie. A seguir haberá unha charla por parte de expertos na especie da Universidade de Santiago de Compostela. Logo do descanso diversas entidades galegas falarán dos seus proxectos centrados na conservación desta especie ao longo da costa galega e norte de Portugal.

Pola tarde haberá unha mesa redonda, co encontro de distintos actores involucrados no uso, xestión e conservación das praias de Galiza.

A xornada pretende chegar a un acordo entre as diversas partes involucradas na conservación da píllara das dunas, e propoñer medidas que garantan a conservación desta especie ameazada en Galicia, para que sexan executadas nun futuro próximo.

A xornada é gratuíta e está aberta a todo o público. Para participar é preciso enviar a ficha de inscrición cuberta ao correo silvia@adega.gal, ou chamando ao
tlf. 981 57 00 99 (horario de mañá)

Programa das xornadas

10:00 Presentación

Virginia Rodríguez.  Presidenta ADEGA
José Antonio Fernández. Director PNIAG
Verónica Tellado. Directora Xeral Conservación da Natureza  

10:45 Situación do plan de conservación da píllara das dunas


Vicente Piorno. Veterinario e técnico da DXCN.

11:30 Plan de conservación da píllara das dunas 


María José Vidal. USC

12:15 Descanso


12:45 Iniciativas para a conservación da píllara en Galiza  (Modera SGO)


Agustín Ferreira. Anabam
Encarna González. SEO Birdlife – Pontevedra
Alberto Monteagudo. GN Hábitat - Grupo anelamento píllara
Ramsés Pérez. ADEGA  

14:00 COMIDA


16:30 Mesa redonda (Modera ADEGA)


Jesús Santamarina. Xefe do Servizo da Biodiversidade. DXCN                    
Óscar Rivas. Presidente da SGO                
Juan Latorre. Marea Kite School                
Ángeles Domínguez. Concelleira de Medio Ambiento do Grove

18:30 Remate

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal