Inicio / Axenda / Outras actividades / Curso ´Introdución ao estudo de...
Do 01-07-2016 ao 03-07-2016
Destinatarios: Profesionais do Ambiente así como estudantes e titulados/as en disciplinas afíns. Tamén a todas aquelas persoas interesada na temática. Non son necesarios coñecementos previos.
Obxectivos: Introducir ao manexo das diversas metodoloxías utilizadas para o estudo de quirópteros. O seu coñecemento é fundamental para abordar calquer estudo ou seguemento ambiental que incúa estas especies.
Metodoloxía: O curso desenvólvese de xeito teórico-práctico, enfatizando o desenvolvemento das competencias prácticas de cada un dos módulos. Para iso, tras unha exposición dos contidos teóricos do módulo que acheguen ao aluno/a aos conceitos relevantes, é aluno/a quen toma un papel activo mediante o uso das ferramentas, técnicas e equipas, aprendendo de primera man o seu manexo.
Finalmente, enfatizarase su aplicación através das diversas intervencións en situacións reais.
A avaliación realízase mediante un seguemento continuo, valorando tanto os coñecementos adquiridos como a participación activa dos/as asistentes.
Prezo: 150 € (matrículas realizadas até o 27 de xuño). Logo 180 €.
Desconto do 10% a socios/as da SECEMU, socios/as de ADEGA, colexiados/as en Colexios Profesionais Oficiais estudantes e desempregados/as. O prezo inclúe ALOXAMIENTO e PENSIÓN COMPLETA en HOTEL (cuartos duplos) de primeira clase.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal