ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Roteiro polo bosque de inundación do LIC...

31-05-2015 / Begonte

Roteiro polo bosque de inundación do LIC Ladra-Parga-Támoga

O roteiro polo bosque de inundación de Begonte, do vindeiro 31 de maio, será un dos últimos roteiros que ADEGA-Lugo realizará dentro do programa de roteiros 2015, "Cousa de Raíces" e a través do cal se pretendou dar a coñecer as distintas tipoloxías dos bosques galegos. Desta volta, propoñemos que coñezas o bosque de inundación nunha das paraxes máis fermosas da provincia de Lugo que, ademais de ser Reserva da Biosfera, tamén é Lugar de Interese Comunitario e Rede Natura. Trátase do LIC Ladra-Parga-Támoga.

Colabora na realización deste roteiro a Casa das Insuas de Rábade.

Percorrido

A lonxitude do roteiro será de 12 km e de dificultade media-baixa.

O roteiro transcorrerá polo corazón da Reserva da Biosfera “Terras do Miño”. O punto de partida será o muíño de Pacios do río Parga (Begonte). Seguindo a ruta á beira deste río teremos ocasión de analizar a súa gran riqueza ambiental que motivou a súa declaración como Lugar de Interese Comunitario e Rede Natura. Na área fluvial de Begonte contemplaremos, entre outras especies, varios pés de faia que, non sendo a especie dominante na zona, destaca polo seu belo porte. A ruta  continuará camiño de Valdomar ata Carral. Neste punto desviarémonos polo antigo camiño que atravesa ata Uriz e dende alí voltaremos ás beiras do Ladra, rematando finalmente a ruta na ponte de Uriz. Ao tempo que iremos gozando da fermosura refrescante deste bosque de inundación iremos analizando tamén a evolución desta paisaxe acontecida nas últimas décadas.  

Reserva de praza e prezos

A reserva de praza debe realizarse antes do venres 29 de maio, chamando ao local de ADEGA-Lugo (982240299 ou 679113718) ou enviando un mail a adegalugo@adega.gal, indicando o nome e apelidos do participante e un número de teléfono móbil.

A SAÍDA terá lugar ás 9 horas, diante da Facultade de Formación de Profesorado (antiga Escola de Maxisterio), na Avenida de Ramón Ferreiro.

O custe será de 10 euros para socios/as de ADEGA, 15 euros para non socios/as, 12 euros para xubilados, estudantes ou desempregados/as, e 5 euros para menores de 17 anos.

As persoas interesadas en participar deberán levar para o camiño comida e calzado(impermeable, preferiblemente) e roupa axeitados.

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal