ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Ven visitar a exposición sobre a compostaxe

Do 07-04-2015 ao 20-04-2015

Ven visitar a exposición sobre a compostaxe

Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña xunto co programa Green campus da Facultade de Ciencias da Saúde (FCS) de Oza, pretenden avanzar na xestión correcta dos residuos que xeramos, para o que se vai a  comezar a compostar os restos orgánicos do comedor, co asesoramento de ADEGA. 

Como inicio deste proxecto, o Edificio de Grao en Terapia Ocupacional da UDC acolle unha exposición sobre a compostaxe, que se poderá visitar desde o día 16 ao 26 de marzo. E do 7 ao 20 de abril no Edificio Universitario de Oza.


A exposición recolle a experiencia e traballo que ADEGA ven desenvolvendo neste eido desde hai máis de dez anos. Mostra contidos de tipo práctico que axudan a resolver as dúbidas habituais que xorden cando se comeza a poñer en práctica unha experiencia de compostaxe, sexa dos residuos orgánicos no fogar, da comunidade de veciños ou, como neste caso, dun centro universitario.

A través de 11 paneis, presenta diversa información sobre a compostaxe, en que consiste, como se fai e os coidados do composteiro; que podemos botar ou como saber se a aireación e a humidade son axeitadas, entre outras cousas.
 
Máis información: http://adega.gal/web/info.php?id=23&idioma=gl&sec=99https://www.udc.gal/sociedade/medio_ambiente/compostaxe/

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal