Inicio / Axenda / Outras actividades / Roteiro polos xacementos arqueolóxicos da...
22-03-2015
Mariñapatrimonio, a asociación ecoloxista ADEGA, Cultura do País, Os Espigueiros, Agrupación cultural Francisco Lanza, Ollomao, A Galleira ou a Irmandade de Santo Estevo inician unha campaña na defensa do xacemento arqueolóxico das Catedrais, un forno romano que está a piques de desaparecer, coa realización dun roteiro que nos permita coñecer a estensa riqueza arqueolóxica da comarca costeira.
Este roteiro permitiranos coñecer ese xacemento abatido polo mar, que podería desaparecer se a administración non dispón medidas de conservación urxentes. Tamén servirá para desvelar un dos segredos mellor conservados das Catedrais. A falta de existiren estudos arqueolóxicos que o confirmen, podería tratarse dunha antiga mina de ouro romana, a xulgar polas vetas auríferas que hai no seu intenterior, as canles picadas na rocha e a proximidade do forno de Esteiro.
Esta hipótese non resulta sorprendente, se pensamos que toda a zona oriental da Mariña é rica en ouro e que abundan as explotacións auríferas da época romana. Non só atopamos minas terra adentro, senón que tamén se atopan rexistros dos labores mineiros na costa, con galerías que foron abertas dende os cantís e dende as praias, como é o caso das galerías do castro do Carreiro en Foz ou as de Salave en Tapia.
Por tanto, cumpriría estudar se existe algunha conexión entre as vetas auríferas, a canle picada na rocha e o forno romano das Catedrais para saber se desta praia os romanos tamén extraeron ouro.
O percorrido do roteiro será de 8 km e de dificultade baixa e durará toda a xornada, partindo ás 10.30 horas desde o aparcadoiro da praia de Arealonga en San Miguel de Reinante. Pola mañá, visitaremos a pé os seguintes xacementos ou puntos de interese:
POLA MAÑÁ:
SAÍDA DESDE SAN MIGUEL DE REINANTE
Se te queres unir á ruta desde San Miguel de Reinante, debes facer a túa reserva de praza chamando por teléfono ao 619553236, ou enviando un mail a mr.patrimonio@gmail.com, indicando o nome e apelidos do participante e un número de teléfono móbil.
Hora de saída: 10:30 horas, no aparcadoiro de autobuses da praia de Arealonga, en San Miguel de Reinante.
Prezos: Podes reservar o xantar no restaurante ou levar comida para o camiño.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal