ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Voluntariado para eliminación de mimosas

14-03-2015

Voluntariado para eliminación de mimosas

ADEGA convoca unha actividade de voluntariado ambiental xunto coa Asociación para a Defensa do Val do Liñares, que se celebrará o sábado 14 de marzo. ADEGA e a Asociación para a Defensa do Val do Liñares contan cunha traxectoria notable na loita e defensa do patrimonio fluvial, é por iso que organizan esta iniciativa dando á cidadanía a oportunidade de actuar fronte unha ameaza ambiental mediante iniciativas coma esta de custodia fluvial. Ademáis esta acción continúa cos traballos de eliminación de mimosas comezados no ano 2013 no mesmo lugar.

A introdución de especies exóticas invasoras é, despois da destrución de hábitats, a ameaza máis importante na perda de biodiversidade e unha das principais causas de extinción de especies autóctonas.

A actuación enmárcase no proxecto “Rede de voluntariado ambiental para a eliminación de especies invasoras en ecosistemas acuáticos”, que conta co apoio do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Fundación Biodiversidad.

A actuación céntrase na eliminación da especie invasora Acacia dealbata (mimosa) nas marxes do río Liñares, un espazo de importante valor ecolóxico. Para esta actividade o voluntariado contará con seguro de responsabilidade civil e de accidentes.


A xornada comezará o sábado pola mañá. Tras a recepción do voluntariado e dunha pequena introducción a problemática ambiental das invasoras, comezarán os traballos de campo, para os que o voluntariado contará coa ferramenta apropiada. Haberá un descanso para a comida (gratuíta para os participantes) e unha segunda sesión de traballo durante a tarde.

As prazas son limitadas polo que é preciso inscribirse no correo: lucia@adega.gal, ou nos seguintes números de tlf: 981 57 00 99 / 669 80 69 08

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal