ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Charla de ADEGA sobre o desamiantado en Manzaneda

19-12-2014

Charla de ADEGA sobre o desamiantado en Manzaneda

Operario eliminando a uralita dunha vivenda coas debidas precaucións

O vindeiro venres, 19 de decembro, o concello de Manzaneda convida a Luis Díaz Cabanela, médico e vogal de saúde ambiental de ADEGA, a impartir unha charla sobre como quitar a uralita (amianto) dos tellados das casas. Terá lugar ás 19 horas na Casa do Concello.

O amianto é unha substancia perigosa para a saúde, xa que pode producir entre outras doenzas fibrose pulmonar e diversos tipos de cancro, sobre todo en pulmón. O risco de inhalar as partículas en suspensión do mineral obriga a tomar serias precaucións en tarefas que impliquen a manipulación de materiais que conteñen este mineral, como a uralita.

Preme aquí para saber COMO CHEGAR.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal