ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / O Proxecto Ríos participa nas xornadas de...

Do 11-12-2014 ao 12-12-2014

O Proxecto Ríos participa nas xornadas de WWF e Territorios Vivos sobre os ríos

O 11 e 12 de decembro o Proxecto Ríos participará en dúas xornadas en Madrid. O día 11, WWF organiza unhas Xornadas de Custodia Fluvial onde se compartirán iniciativas sobre custodia e adopción de ríos. O obxectivo da xornada é dar a coñecer algúns dos principais proxectos de custodia fluvial que están en marcha en España, e intercambiar experiencias entre organizacións de conservación e entidades da administración. Presentaremos as iniciativas promovidas dende ADEGA e o Proxecto Ríos nesta materia. Programa da Xornada CUSTODIA FLUVIAL.

O 12 de decembro asistiremos á I Xornada de Voluntariado Ambiental e Diversidade Funcional organizadas pola Asociación Territorios Vivos, a través do seu programa "Proyecto Ríos Accesible". O obxectivo desta xornadas é reforzar o traballo entre as entidades de voluntariado ambiental e as entidades de persoas con diversidade funcional. Programa da Xornada DIVERSIDADE FUNCIONAL

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal