ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / V Feira da Sustentabilidade na UDC

10-12-2014

V Feira da Sustentabilidade na UDC

10 de decembro celébrase a V Feira da Sustentabilidade na UDC. Aproveitaremos a entrada do Nadal para achegar á Universidade unha mensaxe sobre o consumo responsable. Nesta feira teremos a ocasión de mercar os agasallos de Nadal dun xeito diferente e alternativo. Dando prioridade ao comercio local, comercio xusto e ao traballo de artesanía. Do mesmo xeito teremos a oportunidade de coñecer diferentes entidades e asociacións ambientalistas.

Ao longo da xornada poderemos participar en diferentes obradoiros, facer o noso caderno a partir de papel reutilizado e participar nunha mesa redonda sobre consumo responsable, coñeceremos diferentes experiencias sobre alimentación, roupa…

Abriremos un mercadiño de troco, onde podes traer a túa roupa ou complementos que xa non pos ou que quedou pequena e trocala por outra que che guste mais, deste xeito dámoslle unha segunda vida a roupa.

Esta feira terá lugar na Facultade de Economía e Empresa da universidade de A Coruña no campus de Elviña, nun horario de 11h a 19h

Programa

Feira da sustentabilidade  Nadal 2014

Obradoiro: "Ecoideas para reciclar"
 
Hora 11.30- 13h
Lugar: 1º andar
Imparten: Oficina de cooperación e voluntariado da UDC
Neste obradoiro faremos macetas a partir de tapóns de corcho

Mesa redonda:  "Proxectos de consumo responsable e reutilización"
Hora : 13.00h
Lugar: Salón de graos
Imparten:  
* Proxecto GLAMURS -  Adina Dumitru, investigadora da UDC no proxecto GLAMURS      
* Cooperativa de consumo responsable  zocamiñoca-  Mariola Mourelo         
 * Equus zebra- ONGD reutilización de roupa na Coruña- María Luísa Pollán

Nesta mesa coñeceremos diferentes proxectos xa en marcha na universidade e na cidade da Coruña, coñeceremos o proxecto GLAMURS que é un proxecto de investigación da UDC que explora as interaccións entre factores económico, sociais, culturais, políticos e tecnolóxicos que inflúen nos estilos de vida e no desenvolvemento dunha economía verde. Tamén coñeceremos Zocamiñoca é unha cooperativa de consumo ecolóxico da cidade da Coruña, coñeceremos como funcionan e como podemos formar parte do proxecto e por ultimo a ONGD Equus Zebra que recollen roupa e outros materiais que son reutilizados xerando emprego, tamén nos explicaran como funcionan e como podemos colaborar.

Obradoiro: Adornos de Nadal
Lugar: 1º andar
Hora:  16h
Imparte: ADEGA
Neste obradoiro faremos adornos de Nadal a partir de material de refugallo.

Presentación do libro:Cando ver aves en Galicia”
Lugar: Aínda por confirmar
Hora: 18h

Teremos con nos aos autores do libro Cosme Damián Romay Antonio Sandoval  dous expertos ornitólogos. Este libro reúne destinos e propostas de actividades para a observación de aves en Galicia en función da época do ano. Tamén inclúe unha lista de recursos sobre aves e ornitoloxía galega. De especial interese para observadores de aves afeccionados á Natureza en xeral, así como para educadores e axentes sociais e turístico que atoparán información útil para organizar e promover excursións e actividades relacionadas coas aves


Durante toda a xornada:
Mercadiño de trocoTrae a roupa que non utilizar e poderás trocala por outra dándolle unha segunda vida.

Cadernos de papel reutilizado
Co papel recollido na campaña reutiliza faremos cadernos reutilizando o papel para aproveitalo polas dúas caras, ao longo da xornada poderás facer o teu caderno. Nos darémoste os materiais.
Punto de recollida de roupa e xoguetes:   mesa de Equus ZebraSe tendes na casa roupa ou xoguetes que non utilizades antes de que acaben no lixo os podedes doar a esta entidade. Eles estarán con nos e vos poderán explicar que se fai coa roupa e os xoguetes.

Punto de recollida de aceite usado: mesa de Arquitectos sen fronteiras proxecto mulleres colleiteiras
.Trátase dun proxecto de autoemprego para mulleres en situación de exclusión social. Se tendes aceite usado podedes traelo e este colectivo encargase de recollelo.

Ademáis: 
Stands  de artesanía, comercio xusto, Asociacións e entidades ambientalistas.
Artesán en xoiería artesanal, hama beads y amigurumis, cerámica e vidro, artigos de pel, artigos de ganchillo, especias, infusións e tes naturais...

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal