ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Feira de Outono en Allariz

Do 08-11-2014 ao 09-11-2014

Feira de Outono en Allariz

Este sábado 8 de novembro o persoal de educación ambiental de ADEGA participará na feira de outono de Allariz. Informaremos á veciñanza sobre o novo modelo de recollida selectiva de residuos no que colabora ADEGA e a UDC. Resolveremos dúbidas sobre como separar correctamente e en que consiste a compostaxe.
Tamén se poderedes visitar a exposición itinerante sobre a compostaxe. O obxectivo é implicar á xente neste novo proxecto de mellora da separación selectiva e compostaxe da vila de Allariz.

A Feira de Outono ten como obxectivos a promoción, potenciación e valorización dos produtos agrarios do outono, tanto locais coma comarcais: cogomelos, mel, castañas, noces, embutidos e pan artesanal, así como os seus derivados.

Ao longo desta fin de semana, os restaurantes de Allariz ofertan aos seus clientes nas súas cartas menús especiais en base aos productos desta época do ano expostos na Feira. O domingo 9 rematará cun serán de contos e un encontro de artistas a carón da palabra e da música, alén dun magosto popular.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal