ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Saída micolóxica polo Alto Ulla

08-11-2014

Saída micolóxica polo Alto Ulla

PROGRAMA:

11.00 h
Encontro na Eira. Pequena explicación inicial e saída ó monte. Recomendábel levar navalla, un cesto e calzado apropiado para camiñar.

14.00 h
Chegada á Eira, onde clasificaremos os cogumelos.

14.30 h Xantar de Convivio. cadaquén traerá o seu, que, seguindo o costume “da casa” compartillaremos cos compañeiros/as e complementaremos cos cogumelos acabados de apañar e ben cociñados (ou crus, dependendo da especie). Rematamos con “queixo con marmelo” e café ou infusións por unha aportación solidaria de 3 €.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal