ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Mesa redonda sobre "Gasolineira de...

05-11-2014

Mesa redonda sobre "Gasolineira de Carrefour: impacto ambiental e análise xurídica e política"

Cartaz da mesa redonda. Difúndeo!

O vindeiro mércores, 5 de novembro, ás 20 horas, na Casa do Saber da USC (Praza Pío XII, nº 5, Lugo), ADEGA organiza unha mesa redonda sobre o impacto ambiental que suporía a pretendida instalación dunha gasolineira no centro comercial de Carrefour, ás beiras do río Miño en Lugo.

INTERVIRÁN:

-Adela Figueroa Panisse, bióloga e vicepresidenta de ADEGA-Lugo.
-Lois Toirán Vázquez, vogal de urbanismo e secretario de ADEGA-Lugo.
-Felipe Rivas, membro da Plataforma "Miño SI, Gasolineira NON".
-Valentín Arias e José Manuel Carballo, en representación das veciñas e veciños afectados.

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal