ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Feira de outono na Eira da Xoana

09-11-2014

Feira de outono na Eira da Xoana

O vindeiro 9 de vovembro, na Eira da Xoana, celebraremos unha nova edición da Feira de Outono, desta volta adicada á castaña e ao castiñeiro.

Se queres participar na feira co teu posto, tocar algo de música ou colaborar, chama aos teléfones 638 475 332 (Marcial) ou 659 683 384 (Pepe).

Se eres produtor/a ou artesán/á e queres colocar o teu posto,podes descargar as bases nos seguintes enlaces:

Descarrega o PROGRAMA DEFINITIVO

PROGRAMA

11:00 h: APERTURA DE POSTOS DE ARTESANÍA E ALIMENTACIÓN
Cremas, ungüentos, plantas mediciñais e de cultivo ecolóxico, labores de gancho, calceta, sacos térmicos, aceites, bálsamos, xabróns, marmeladas, licores, viños, queixos, leite, iogures, embutidos, froitas, verduras, froitos secos, rosquillas, pastas e cervexas artesáns, pan e empanadas, cereais, artesanías variadas, artesanía en coiro, prata, madeira, lá, broches, cadros, coxíns, bonecos, cestos, sombreiros de palla, máquinas de coser, roupa e complementos de nen@s, antigüidades, alforxas, bolsos, billeteiras, pirograbados, cascos vikingos, coitelos... e máis sorpresas!

12:00–13:30 h: EXPOSICIÓN-COLOQUIO: “A CASTAÑA DE GALICIA. NOVOS RETOS”.
Relator: Manuel López - Secretario da IXP (Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia).

13:30 h: OBRADOIRO TARTA DE CASTAÑA.
Impartido por Marie Lacassagne.

16:00-16:30h: CHARLA: “A CASTAÑA GALEGA NO MUNDO. A EXPERIENCIA DE POSADA MARRÓN GLAÇÉ”. Relator: José Posada (xerente da empresa).

16:30 H: CHARLA: “O PROXECTO HIFAS DA TERRA”.
Relator: Francisco Fernández de Ana Magán (profesor no centro de Investig. en Lourizán e promotor de Hifas da Terra).

17:00 h: ACTUACIÓN DE DANZA. GRUPO CARAVANA PERFUNKÉ.

17:30 h: MESA REDONDA E CONCLUSIÓNS: “PASADO, PRESENTE E FUTURO DO CASTIÑEIRO E A CASTAÑA”. Entre os participantes estará: José Antonio Meijide (Tonecho).

18:30 h: SORTEO DE LOTES de produtos entre todos @s comprador@s (as rifas para o sorteo adquírense ó facer compras nos diferentes postos da feira).

DURANTE A XORNADA:

● Gregorio dará CONSELLOS PARA A PODA CORRECTA DO CASTIÑEIRO
● Teremos ACTUACIÓNS MUSICAIS do Bico da Balouta e outros
● Haberá XANTARES para toda a xente que queira acompañarnos.
XOGOS para nen@s

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal