ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Xornadas de Fiare sobre a banca ética en...

Do 17-10-2014 ao 18-10-2014

Xornadas de Fiare sobre a banca ética en Lugo

Fiare Banca Etica nace grazas ao impulso de persoas e organizacións que queremos construír unha cooperativa de crédito inspirada nos principios das finanzas éticas. Grazas aos depósitos de aforro financiamos proxectos vinculados á loita contra a exclusión social, a cooperación ao desenvolvemento, a agroecoloxía, o comercio xusto e os valores transformadores. Trátase de poñer en mans da cidadanía o control sobre o bo uso dos seus cartos e no que a intermediación financeira dirixa os seus esforzos cara ás persoas e entidades que traballan en proxectos e actividades que xeran un impacto social positivo e rexeneran a sociedade.

Estamos nun momento de grandes novidades que queremos compartir con todas as persoas socias por ter confiado neste proxecto que xa é unha realidade. Por iso o sábado 18 de outubro de 2014 queremos invitarte a participar nunha Xornada Informativa sobre Fiare Banca Etica.  Terá lugar no Salón de actos da Deputación de Lugo de 10 a 14 horas.  O programa é o seguinte:

  • 10:00h: Recepción, inauguración e presentación da xornada a cargo dun/dunha representante da Deputación e outro/a do Grupo Local de Lugo.
  • 10:15h: “A necesidade dunhas finanzas éticas na situación actual” por Gonzalo Gesto Quiñoy (secretario da asociación Fiare Galiza).
  • 10:45h: Documental “Finanzas éticas, o proxecto Fiare”.
  • 11:15h: “O momento actual: que é a Fiare Banca Etica?”, por Esteban González Bernárdez (coordinador do GIT Galiza Norte).
  • 12:15h: Pausa-café.
  • 12:35h: “A operativa bancaria de Fiare Banca Etica”, por Juan Garibi (director de operacións de Fiare Banca Etica).
  • 14:00h: Peche da xornada (representante da Deputación de Lugo e do Grupo Local de Lugo).

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal