24-05-2025
A asociación Máis que mel organiza o próximo sábado, 24 de maio, o evento principal do Día da Abella 2025 no Parque de Vista Alegre de Santiago de Compostela, cunha xornada chea de interesantes actividades para todos os públicos nas que dar a coñecer a importancia das abellas e dos polinizadores. Entre elas, ADEGA participará cunha charla impartida pola súa vogal de Agroecoloxía, labrega e paisaxista, Lucía Ferreira, que falará sobre a función dos polinizadores na horta ecolóxica. Esta actividade terá lugar de 16.30 a 17.30 h. no Museo de Historia Natural.
Podes consultar o programa completo AQUÍ.
Agardámoste!
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal