ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Marcha contra as celulosas

01-06-2025

Marcha contra as celulosas

ADEGA apoia e chámate a participar na marcha "Nin ENCE na ría nin ALTRI na Ulloa. Celulosas fóra" este 1 de xuño ás 12h en Pontevedra, convocada pola Asociación pola Defensa da Ría, a Plataforma pola Defensa da Ría de Arousa e a Plataforma Ulloa Viva. Animamos a toda a cidadanía galega a asistir a esta cita anual para esixir a saída de Ence da ría e para mostrar o noso rexeitamento á implantación da macrocelulosa de Altri no corazón de Galiza. Agardámoste!

Info sobre autobuses AQUÍ.

Cartaces no local de ADEGA en Santiago

Se queres facerte con cartaces para repartir, no local de ADEGA en Santiago de Compostela temos a disposición para que poidas recollelos.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal