Inicio / Axenda / Outras actividades / Nova xornada de deseucaliptización no...
27-04-2025
Unha vez máis, o vindeiro domingo 27 de abril, botámonos ao monte xunto ao Couto da Eirexiña nunha nova xornada de deseucaliptización que dará continuidade aos traballos de realizados anteriormente. Pola tarde, e despois do xantar comunitario de rigor, celebrarase ademais a Asemblea Ordinaria da Asociación Couto da Eirexiña para aquelas persoas asociadas.
09:45h. Punto de encontro na casa do pobo de Rebordelo.
10:00h. Inicio da actividade de deseucaliptización.
14:00h. Xantar na Casa do Pobo de Rebordelo.
15:30h. Asemblea Ordinaria Couto da Eirexiña.
18:00h. Fin da xornada.
Para inscribirte nesta xornada de restauración ambiental preme no seguinte formulario.
A data límite para a inscrición será o vindeiro xoves 24 de abril. A actividade inclúe o seguro de responsabilidade civil e de accidentes e o xantar comunitario. Tamén, se tes algunha pregunta, podes contactar a través do correo coutodaeirexinha@gmail.com
Agardámoste!
O Couto da Eirexiña é un proxecto de custodia do territorio que nace da man da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) de Vigo, a comunidade de montes en man común da parroquia de Rebordelo (Cerdedo-Cotobade) e particulares para a conservación do bosque autóctono e a biodiversidade. A principal finalidade do proxecto, que conta cunha superficie total custodiada de 172,66 hectáreas, é a conservación e a posta en valor do patrimonio natural e cultural de Rebordelo.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal