14-03-2025
Este venres 14 de marzo ás 20h no Salón de Actos da Casa da Cultura de Sarria, teremos a oportunidade de escoitar a Fernando Palacios, investigador do CSIC e activisita, nunha conferencia sobre a incineración de residuos, a normativa de apliación, e as súas repercusións sobre o medio ambiente e a saúde.
O proxecto dunha planta de CSR anexa á fábrica do Oural, crea un novo escenario de cara á calidade ambiental da comarca de Sarria e ao futuro da planta, ben como fábrica de cemento e/ou como incineradora de residuos.
A xornada está organizada pola plataforma Sarria Aire Limpo e ADEGA, coa colaboración da Área de Medio Rural da Deputación Provincial de Lugo e Sarria Cultural Concello de Sarria.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal