Inicio / Axenda / Educación ambiental / Exposición sobre invasoras nos centros de ensino
Do 30-01-2025 ao 15-02-2025
O IES de Milladoiro, o CPI San Vicente da Baña e o IES Carlos Casares de Viana do Bolo son as tres primeiras paradas da exposición Unha invasión silenciosa: a biodiversidade ameazada, de ADEGA, nos centros educativos neste ano 2025.
Así, a asociación achega ao alumnado dos tres colexios os problemas que presentan as especies exóticas invasoras no medio natural. En concreto, a exposición instalouse este venres 31 de xaneiro no IES Carlos Casares de Viana do Bolo, onde permanecerá 15 días. No IES de Milladoiro colocouse o pasado 22 de xaneiro e estará dispoñible para visitas ata o 5 de febreiro, momento no que se trasladará ao CPI San Vicente da Baña ata o 19 de febreiro. Durante este tempo, o alumnado poderá analizar os contidos da exposición e realizar actividades de sensibilización sobre a ameaza das especies invasoras nos ecosistemas fluviais.
Ollo! No caso do IES Carlos Casares, a exposición está aberta tamén para persoas alleas á comunidade educativa.
ADEGA continúa así coas actividades programadas dentro do Proxecto Fluviatilis, que conta co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR ), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal