ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Xornada de deseucaliptización no Couto da...

08-02-2025

Xornada de deseucaliptización no Couto da Eirexiña

O sábado 8 de febreiro voltamos ao monte para deseucaliptizar o Couto da Eirexiña. Con esta intervención darémoslle continuidade aos traballos de deseucaliptización realizados anteriormente.  Pola tarde, despois dun xantar comunitario no que reporemos forzas, realizaremos un roteiro interpretativo por terreos da comunidade de montes.

Programa

09:45h. Punto de encontro na casa do pobo de Rebordelo.
10:00h. Inicio da actividade de deseucaliptización.
14:00h. Xantar vexetariano na área fluvial do río Almofrei.
16:00h. Roteiro interpretativo pola comunidade de montes.
18:00h. Fin da xornada.

Queres participar nesta actividade?

Para inscribirte nesta xornada de restauración ambiental preme no seguinte formulario.

A data límite para a inscrición  será o vindeiro xoves 6 de febreiro. A actividade inclúe o seguro de responsabilidade civil e de accidentes e o xantar comunitario. Tamén, se tes algunha pregunta, podes contactar a través do correo coutodaeirexinha@gmail.com

Agardámoste!

Que é o Couto da Eirexiña?

O Couto da Eirexiña é un proxecto de custodia do territorio que nace da man da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) de Vigo, a comunidade de montes en man común da parroquia de Rebordelo (Cerdedo-Cotobade) e particulares para a conservación do bosque autóctono e a biodiversidade. A principal finalidade do proxecto, que conta cunha superficie total custodiada de 172,66 hectáreas, é a conservación e a posta en valor do patrimonio natural e cultural de Rebordelo.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal