ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Charla informativa proxecto do parque...

Do 19-12-2024 ao 20-12-2024

Charla informativa proxecto do parque eólico Montelora

Este xoves 19 de decembro, ADEGA Lugo dará unha charla informativa no local da cantina de Saa para informar do proxecto eólico Montelora, que está en exposición pública, e cuxo prazo para presentar alegacións remata o venres 20 de decembro. 
Explicaranse os impactos mais graves deste parque eólico en concreto, así como da vaga eólica que esta asoballando os concellos de Láncara, Baralla, Castroverde e Baleira.
Durante a charla entregaranse as alegacións ao parque eólico preparadas por ADEGA. 
Será o xoves 19 de decembro ás 20h na cantina en Saá. 

Participa!
Freemos xuntas a vaga eólica!

Alegacións

ADEGA pon a disposición os documentos de alegacións que aparecen máis abaixo para quen queira presentalos:

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal