ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Roteiro polo conxunto arqueolóxico de Adai...

22-12-2024

Roteiro polo conxunto arqueolóxico de Adai (Lugo)

Neste roteiro descubriremos os tesouros arqueolóxicos da zona de Adai en Lugo. Un ano mais teremos o privilexio de contar con Pilar Prieto, membro do Grupo EcoPast, EducoPast - Universidade de Santiago, CISPAC, e Brais Rodríguez, quen nos descubrirán este conxunto arqueóloxico tan importante para a Idade do Bronce na Galiza.

Neste percorrido coñeceremos os traballos dos dous últimos anos no Corro dos Mouros ou Castrillón, visitaremos o Altar de Adai e coñeceremos algunhas das teorías sobre este xacemento. No camiño atoparémonos con varios petróglifos moi singulares, algúns prehistóricos, e outros non pero de moito interese igualmente. O percorrido é fácil duns 9Km.

O programa de roteros "Auga: O quebracabezas da vida"

  • 19 de xaneiro. A Pontenova
  • 16 de febreiro. Castroverde / A horta do Rei
  • 16 marzo. Santo Estevo do Ermo
  • 20 abril. Ancares por Terras do Val do Ser
  • 11 de maio. Carballeda de Valdeorras
  • 15 de xuño. Arousa. ALTRI NON.

Información e reservas

Na propia bitácora de Roteiros de ADEGA-Lugo irase actualizando toda a información relativa a cada saída e as indicacións para formalizar a reserva.

As persoas que estean interesadas en reservar praza, terano que facer a través do formulario de reserva antes das 13h do venres anterior ao roteiro.

Cubriranse as prazas por orde de inscrición.

Os roteiros de ADEGA-Lugo están abertos á participación de público de todas as idades.

Prezo: 6€

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal