ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Faite co libro "Informe Altri. Celulosa do...

Do 11-12-2024 ao 28-02-2025

Faite co libro "Informe Altri. Celulosa do século XX para o XXI"

ADEGA publica o libro "Informe Altri. Celulosa do século XX para o XXI", que debulla os impactos ambientais da macrocelulosa de Altri. O autor da publicación é Ramón Varela Díaz, doutor en bioloxía e expresidente de ADEGA.

Onde adquirilo

Podes facerte cun ou varios exemplares no local da organización ecoloxista en Santiago de Compostela (Avenida Castelao, 20 Baixo), de luns a venres en horario de mañá; e no local de ADEGA-Lugo (Ronda das Fontiñas, 180 - Entrechán), de luns a venres, excepto os mércores, de 10:00 a 14:30h. Os mércores de 16:30 a 20:30h.

Se queres asegurarte de non quedar sen el, podes reservalo ou tamén solicitar envío a domicilio a través do seguinte formulario: bit.ly/libro_altri

Ademais, o libro estará dispoñible á venda na mobilización do próximo domingo, 15 de decembro, en Santiago de Compostela, nos postos que ADEGA terá instalados na Alameda e na Praza do Obradoiro.

Prezos

Recollida no local:

  • Para persoas socias: 10 euros
  • Para persoas non socias: 15 euros
Envío a domicilio:
  • Para persoas socias: 15 euros
  • Para persoas non socias: 20 euros
Todos os fondos recadados a través da venda deste libro irán destinados á campaña de ADEGA contra a macrocelulosa de Altri en Palas de Rei.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal