04-12-2024
Este mércores, a delegación de Lugo de ADEGA organiza unha palestra no salón de actos da UNED na que se exporá o estado ecolóxico dos ríos do concello de Lugo, segundo os datos obtidos nas diferentes inspeccións realizadas no marco do Proxecto Ríos. Tamén se dará conta dos resultados das limpezas realizadas no leito fluvial.
Participarán nesta xornada Roi Cuba, presidente de ADEGA, e Lucía A. Anido, vogal de ADEGA Lugo.
A xornada comezará ás 19h, e quen queira pode participar presencialmente ou a través da canle de YouTube da UNED.
Toda a información na ligazón: https://extension.uned.es/actividad/idactividad/41511
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal