ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Xornada O futuro das enerxías renovables...

05-06-2024

Xornada O futuro das enerxías renovables en Galicia

O presidente de ADEGA, Roi Cuba Dorado, participará na xornada "O futuro das enerxías renovables en Galicia ante o reto da descarbonización" organizada polo Consello Económico e Social de Galicia o próximo mércores, 5 de xuño, no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela.

En concreto, ADEGA estará presente na primeira parte da mesa redonda "Aspectos territoriais, ambientais e de desenvolvemento rural", que se desenvolveráás 11:45h, canda a José Antonio Diéguez (Ventonoso), Ramón Barreiro (Sindicato Labrego Galego) e Jacobo Feijoo (Unións Agrarias).

Achégate!

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal