ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Xornada de eliminación de EEI en Coiro...

10-03-2024

Xornada de eliminación de EEI en Coiro (Cangas)

O vindeiro domingo 10 de marzo ADEGA-Vigo organiza, xunto á Comunidade de Montes de Coiro e en colaboración co Concello de Cangas do Morrazo, unha nova xornada de eliminación de EEI na contorna do rego de Bouzós na parroquia canguesa de Coiro.

Nesta actividade eliminarase a masa de Tradescantia fluminensis que ameaza con ocupar parte do leito do rego.

Lembrade: domingo 10 de marzo ás 11h no Muíño de Fausto (Coiro).

Inscricións: adegavigo@adega.gal

Anímate!

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal