ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Nova Eliminación Silmultánea de...

Do 24-02-2024 ao 25-02-2024

Nova Eliminación Silmultánea de Cousa de Raíces

Cousa de Raíces convoca, un ano máis, unha acción simultánea baixo o lema “Mirando polos nosos montes” na que se desenvolverán, ao longo do sábado 24 e domingo 25 de febreiro, xornadas de eliminación de invasoras e plantación de autóctonas por todo o país. Estas xornadas están convocadas por diferentes colectivos, organizacións e comunidades de montes veciñais que traballan a prol da restauración ambiental dos nosos montes.

Información xornadas convocadas

 

  • Friol: Plantación autóctonas.
    • 9:30h – no local de ADEGA Lugo dende onde se coordinarán os coches.
    • Organiza: ADEGA Lugo
 
  • Rebordelo (Cerdedo-Cotobade): Deseucaliptización
    • 9:45h – na Casa do Pobo de Rebordelo.
    • Organiza: Asociación Couto da Eirexiña.
 
  • Coiro (Cangas): Eliminación tradescantia
    • 11h- no Muiño de Fausto.
    • Organiza: CMV Coiro.
 
  • Froxán (Lousame): Plantación autóctonas
    • 10h - estacionamento do "Quartel da Revolta".
    • Organiza: Fundação Montescola, Verdegaia, Brigadas Deseucaliptizadoras.
 
  • Rialdarca (Moaña): Desacaciación e plantación autóctonas
    • 11h - no adro da Igrexa do Carme
    • Organiza: Equipo Estratexia Rialdarca.

Información e inscricións

Se queres participar debes inscribirte no seguinte formulario:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScVbTWRYjfX6w-CzgClFQaELqZZ2Aa3nJ3n9lc0ZAIVaGPWoQ/viewform

Anímate!

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal