ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Deseucaliptización no Couto da...

24-02-2024

Deseucaliptización no Couto da Eirexiña

O próximo día 24 de febreiro o Couto da Eirexiña propón unha nova actividade de voluntariado ambiental nos montes de Rebordelo de Cerdedo-Cotobade. Desta volta seguirase coa deseucaliptizando do monte comunal. 

A actividade estara enmarcada dentro da deseucaliptización simultánea organizada por Cousa de Raíces para esa fin de semana.

E pola tarde, despois do xantar, terá lugar a I asemblea xeral da asociación Couto da Eirexiña, onde se convida a todas as persoas asociadas ao proxecto.

Lembra que te podes asociar mediante a seguinte ligazón.https://coutodaeirexinha.gal/asociate/https://coutodaeirexinha.gal/blog/2024/01/30/o-24-de-febreiro-volvemos-a-deseucaliptizar-en-rebordelo/

Inscríbete!

Podes inscribirte nesta xornada de restauración ambiental cubrindo o seguinte formulario:Formulario de inscrición

A data límite para a inscrición  será o vindeiro xoves 22 de febreiro ás 13:00h, co fin de que poidamos ter tempo para formalizar o seguro e preparar o xantar. A actividade estará limitada a un máximo de 20 persoas.Tamén, se tes algunha pregunta, podes contactar a través do correo coutodaeirexinha@gmail.comAgardámoste!

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal