ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Xornada Sector enerxético e minaría...

17-01-2024

Xornada Sector enerxético e minaría en Galiza

A Asociación Cultural O Galo organiza a xornada 'Sector enerxético e a minaría en Galiza' este próximo mércores, 17 de xaneiro, na libraría Couceiro de Santiago de Compostela ás 19:30 horas. Nela participará a secretaria executiva de ADEGA, Belén Rodríguez, canda ao economista Marcelino Fernández Mallo. Moderará a táboa redonda Manuel da Cal, o coordinador do ciclo sobre a economía galega do que fai parte esta xornada.

Achégate!

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal