ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Solsticio de inverno na Eira da Xoana

21-12-2023

Solsticio de inverno na Eira da Xoana

Estimad@ amig@ da Eira da Xoana:

Como en anos anteriores, imos celebrar o Solsticio de Inverno o día 21.

A partir das 17 h estaremos na Eira da Xoana para preparar os fachos.

Ás 17,45 h subiremos ao Coto para ver desde alí a última posta de sol do outono 2023.

Ás 18,30 h, de volta na Eira, Fantoches Baj  representará a  obra "O castiñeiro do Apalpador".

Despois,  haberá actuacións musicais, maxia, lume...

Traede algo para compartir na hora da merenda-cea.

Esperámosvos!

Tés máis información na web https://eiradaxoana.gal

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal