14-12-2023
O vindeiro xoves 14 de decembro ADEGA organiza unha xornada de voluntariado ambiental para a recuperación dunha poza na finca Rego Salgueiro, na parroquia de Guldriz no concello de Friol.
A recuperación de charcas e a creación doutras novas son actuacións que se veñen implantando con éxito en diferentes países de Europa ou América do Norte. De feito, algúns países europeos xa están a incluír estes ecosistemas nos seus plans de conservación. No Estado español varias comunidades (Andalucía, Valencia, Baleares…) elaboraron inventarios de pequenas zonas húmidas e actuacións para a súa recuperación ou construción. Recuperar e construír novas charcas é polo tanto un novo reto para a conservación da biodiversidade na Galiza.
A iniciativa enmarcase no proxecto de ADEGA: PATRIMONIO RURAL, CUSTODIANDO O NOSO LEGADO MÁIS SINGULAR, que financia a Vicepresidencia da Deputacion de Lugo dende a área de Medio Rural.
A actividade será en sesión de mañá co seguinte horario:
10.00h Recepción e presentación
10:30h Comezo dos traballos
12:00h Descanso
12.30h Continuación dos traballos
14:30h Remate e xantar.
No mediodía haberá uns petiscos e entregaráselle a cada participante o Manual Charcas con vida. Construción e recuperación de pequenas charcas editado por ADEGA.
As persoas que queiran asistir as xornadas teñen que rexistrarse a través do formulario antes do mércores 13 de decembro ás 14h. As prazas están limitadas a 15 participantes.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal