ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Voluntariado ambiental no Couto da Eirexiña

02-12-2023

Voluntariado ambiental no Couto da Eirexiña

O proxecto de custodia do territorio Couto da Eirexiña organiza unha nova actividade de voluntariado ambiental para o próximo sábado, 2 de decembro. Desta volta, seguirase deseucaliptizando e desacaciando unha área degradada no monte comunal de Rebordelo. E pola tarde, despois do xantar, terá lugar un roteiro interpretativo polo monte comunal.

A data límite para a inscrición será o vindeiro xoves 30 de novembro ás 13:00h a través desta ligazón ao formulario. A actividade estará limitada a un máximo de 20 persoas. Se tes algunha pregunta, podes contactar a través do correo coutodaeirexinha@gmail.com

Achégate!

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal