ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Concentración en Cedeira contra a eólica nos...

14-10-2023

Concentración en Cedeira contra a eólica nos caladoiros

A Confraría de pescadores de Cedeira fai un chamamento a concentrarse na súa sede o vindeiro sábado, 14 de outubro, contra a eólica mariña nos caladoiros de pesca. Previamente, ás 10:30 horas, Torcuato Teixeira e Basilio Otero darán unha charla na sede da Confraría.

Desde ADEGA animamos a participar neste acto reivindicativo a prol da defensa do noso mar e dunha actividade pesqueira estratéxica para o país fronte a especulación da eólica offshore.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal