Do 23-10-2023 ao 07-11-2023
A exposición 'Unha invasión silenciosa. A biodiversidade baixo ameaza' de ADEGA viaxa ata o IESP de Ames para mostrar ao alumnado a problemática que supoñen as Especies Exóticas Invasoras para os ecosistemas fluviais. A mostra estará dispoñible para visitar ata o próximo martes, 7 de novembro, día no que se desenvolverá unha visita guiada para afondar no impacto deste tipo de flora sobre o medio natural.
As actividades de sensibilización e educación ambiental dirixidas a diferentes públicos, entre eles centros de ensino, son unha das propostas do Proxecto Fluviatilis no que participa ADEGA, que ten como obxectivo concienciar sobre as ameazas que sofren os ríos e fomentar actitudes responsables cos ecosistemas fluviais. Este proxecto conta co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal