ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / A rolda leste levada a debate

28-03-2023

A rolda leste levada a debate

Dando continuidade ás actividades propostas dentro da Campaña Salvemos o pulmón verde de Lugo, a delegación de Lugo de ADEGA organiza para o vindeiro martes 28 de marzo un debate político en torno ao proxecto de construción da Rolda Leste.

O acto terá lugar no Salón de actos da UNED e dará comezo ás 19h. Unha vez convidadas ás diferentes formacións políticas con presenza no goberno municipal, participarán nesta mesa Rubén Arroxo tenente de alcaldía polo BNG no Concello de Lugo, Juan Vidal-Pardo concelleiro e portavoz do grupo municipal Ciudadanos Lugo, Miguel Fernández concelleiro e portavoz do PSOE no Concello de Lugo, e Antonio Ameijide concelleiro e portavoz do PP no Concello de Lugo. O encontro será moderado por Froilán Pallín secretario xeral de ADEGA.

Trala participación das representantes políticas abrirase a quenda de palabra ás asistentes. 

O debate será retransmitido en directo a través da canle de YouTube de ADEGA.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal