ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Mesa informativa do Parque Eólico do...

25-01-2023

Mesa informativa do Parque Eólico do Picato (Lugo)

A delegación de Lugo da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), organiza para o vindeiro mércores 25 de xaneiro unha mesa informativa sobre o parque eólico do Picato, proxecto que cambiará radicalmente a configuración paisaxística do concello, en especial o escaparate visual da cidade de Lugo, afectando negativamente á contorna dos dos dous patrimonios da humanidade, a Muralla romana e o Camiño Primitivo a Santiago.
Explicarase o contexto no que se desenvolve, darase información das instalacións e dos seus impactos ambientais, culturais e sociais, e as actuacións xurídicas que a entidade ecoloxista vai emprender contra este proxecto que conta con autorización previa e de construción.

Na mesa participarán Lucía Anido, Enxeñeira ambiental e vogal de ADEGA Lugo, Fernando de Abel Vilela, profesor de dereito administrativo na USC, e membro da directiva de ADEGA, e como moderadora Adela Figueroa Panisse, presidenta de ADEGA Lugo.

A xornada terá lugar no auditorio do Vello Cárcere de Lugo, ás 19,30h do mércores 25 de xaneiro, e está dirixida a toda a veciñanza de Lugo.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal