ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / VIII Encontro do Voluntariado do Proxecto...

16-06-2012

VIII Encontro do Voluntariado do Proxecto Ríos en Allariz

Cartaz VIII Encontro do Voluntariado do Proxecto Ríos en Allariz

VIII Encontro de Voluntariado de Proxecto Ríos que se celebrará o día 16 de Xuño en Allariz, no Centro de Educación Ambiental O Rexo. Alén das presentacións dos grupos de voluntariado, este ano contamos coa presentación do programa de Voluntariado en Ríos do MAGRAMA por parte de Esther de Castro da Confederación Hidrográfica Miño Sil. A charla marco deste ano será sobre as aves dos ríos galegos a cargo de José Manuel Martínez Mariño da Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO).

Os encontros de voluntariado son o espazo para que os grupos que están a participar presenten as súas experiencias, tanto relacionadas coas inspeccións como noutros temas que teñan que ver cos ríos. Trátase en definitiva dunha xornada na que os protagonistas son os/as voluntarios/as do Proxecto Ríos. Tamén aproveitamos para coñecer as oportunidades que nos ofrecen os nosos ecosistemas fluviais, como o recoñecemento de aves. Teremos tempo de conversar e coñecer iniciativas, e como sempre tamén haberá espazo para facer un roteiro pola contorna. 

Proxecto Ríos é unha iniciativa de voluntariado e educación ambiental de ADEGA promovida por Augas de Galicia - Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras.

PROGRAMA:

  • 10.15 Benvida ao voluntariado.  Bernardo Varela, Concelleiro de M.A. de Allariz
  • 10.30 Presentación de experiencias
  • 12.45 Programa Voluntariado en Ríos. Esther de Castro. CH Miño-Sil
  • 13.15 As Aves dos nosos ríos. José Manuel Martínez Mariño, Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO)
  • 14.15 Sesión de clausura. Francisco Menéndez, presidente de Augas de Galicia. Francisco Marín, presidente de CH Miño-Sil. Virginia Rodríguez, coordenadora do Proxecto Ríos
  • 14.30 Xantar popular amenizado con música
  • 16.30 Roteiro guiado á beira do río Arnoia e visita ao Festival Internacional de Xardíns de Allariz

Se queres participar neste encontro ponte en contacto con nós.
Email: Ramsés Pérez ramses@adega.gal / Tlf: 981 57 00 99

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal