Revista CERNA

Artigos de Flora e fauna de Galiza. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

Influencia dos monocultivos de eucaliptos nos ecosistemas fluviais

Adolfo Cordero, Alba Martínez e Maruxa Álvarez

CERNA Nº 77 - Abonda xa de eucalipto!

Páx. 14-17

A cantidade, estacionalidade e calidade (composición específica) das follas e doutros restos vexetais son os factores máis relevantes nocontrol do funcionamento enerxético dos ríos. Follas de baixa calidade ou difíciles de procesar, como as dos eucaliptos, afectannegativamente as comunidades dos regatos forestais. Un estudo dos usos do solo en 16 regatos afluentes do río Lérez mostra que adiversidade de macroinvertebrados aumenta co tamaño da bacía e do bosque autóctono, o cal está relacionado negativamente coa coberturade eucaliptos. A diversidade e riqueza de macroinvertebrados diminúen a medida que aumenta a superficie de eucaliptos, tal e comopredicía a teoría ecolóxica.

Unha animalada e o tomentelo silvestre

Xosé Salvadores e Marga Miguens

CERNA Nº 77 - Abonda xa de eucalipto!

Páx. 54-55

Xosé Salvadores reflexiona sobre o achegamento dos animais salvaxes ás zonas habitadas, incluso ás grandes cidades, e Marga Miguens descúbrenos as cualidades dunha planta aprezada polas abellas, o serpol ou tomentelo silvestre.

FLORA: Uces e queirugas de Galicia

Henrique Niño Ricoi

CERNA Nº 10 - -

Páx. 11-14

Unha das fromacións vexetais máis características de Galicia xunto a carballeiras e piñeirais é, a matogueira, constituída por arbustos de talla media ou pequena, de follas pequenas eu por veces transformadas en espiñas que ocupa grandes superficies, por adaptarse perfectamente ao clima.

FLORA: Os toxos galegos

Henrique Niño Ricoi

CERNA Nº 8 - -

Páx. 16-18

Baixo a denominación toxo coñécese aquelas plantas do xénero botánico Ulex que definen ás formacións vexetais que xunto as xesteiras, queirugais e uceiras, conforman a paisaxe galega por antonomasia.

A NOSA FAUNA: O cuco e a aldea

Xosé Luís Vilar Hermida

CERNA Nº 9 - -

Páx. 11-12

Refráns, cantigas e adiviñas refírense frecuentemente a esta ave que esperta o interese e a curiosidade da xente do campo, debido, fundamentalmente, a tres características: a súa inusual forma de crianza, a de ser unha ave migratorian e, sobretodo, a súa potente, monótona e inconfundible voz.

FAUNA: DE LUCANORUM NATURA AUT OLEIRI SILVARUM GRADIATORES

Andrés Baselga

CERNA Nº 7 - -

Páx. 15-16

En ocasións a natureza non é tan intuituva como parece ser, é o caso da Lucanus Cervus, máis coñecida como vacaloura.

Revista CERNA
Travesa de Basquiños, nº 9 baixo. 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal