Revista CERNA

Artigos de Desenvolvemento sustentábel. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

As vantaxes de mercar a granel

Marie Lacassagne

CERNA Nº 75 - E despois do Cumio de París, que?

Páx. 48-49

Mercar a granel significa que nós escollemos e collemos a cantidade do produto que queremos. Os envases podémolos traer da nosa casa, reutilizando bolsas de papel, botellas, tuppers, etc., ou coller os da tenda. Neste artigo abordaremos as vantaxes de mercar a granel, limitándonos aos produtos non perecedoiros como legumes, fariñas, pastas, arroces, cereais, froitossecos, etc.; aínda que tamén podemos mercar a granel a carne, o peixe, os froitos, a verdura, o queixo, etc. Por non perecedoiros entendemos tamén os produtos de hixiene, cosmética ou limpeza.

O cabalo de Troia do TTIP

Xan Vilaboa

CERNA Nº 73 - O decaemento do ameneiro

Páx. 8-10

A través deste artigo coñeceremos as implicacións no medio, alimentación, saúde, emprego, etc., de aprobarse finalmente o Tratado Transatlántico de Comercio e Investimento entre a U.E. e EE.UU. Un artigo que nos pode clarexar moitas dúbidas sobre este tratado escurantista que mobilizou en contra a gran parte de Europa.

Achegamento á bioconstrución

Juan Bello Llorente e Carolina Martínez García

CERNA Nº 72 - Recheos nas praias

Páx. 19-21

Entendemos a bioconstrución como a forma de construír respectuosa coa vida. Imaxinando varias circunferencias concéntricas, as máis pequenas representan a vida das persoas vinculadas á construción, desde o proceso construtivo aos usuarios finais, seguidas por outras un pouco máis grandes como a saúde do contorno en diferentes graos de proximidade, e a que rodea a todas sería a saúde do planeta no seu conxunto. Falar de bioconstrución é falar de construcións sas e ecolóxicas.Eses dous requisitos son imprescindibles. Ademais é preciso potenciar o respecto pola saúde, xa que o termo “ecolóxico” emprégase con frecuencia, sen ningún tipo de reparo, adaptado ás máis diversas necesidades de xustificación mercantilista. Por iso, aspectos como o aforro enerxético non deben ser os únicos parámetros para definir un traballo de bioconstrución.

MOV3 Galicia viste consciente: cara a moda galega sostible

Nanda Couñado

CERNA Nº 72 - Recheos nas praias

Páx. 15-17

Amarante Setem e a deseñadora María Almazán impulsan un movemento galego que loite pola moda sostible no país e por xeitos de produción e comercialización respectuosos co medio ambiente e coas persoas. O movemento denomínase "MOV3 Galicia viste consciente".

O impacto socioeconomico do proxecto mineiro de Corcoesto

Xoán R. Doldán García

CERNA Nº 69 - Charcas con Vida: os pequenos humidais na túa man

Páx. 16-17

O profesor de Economía Aplicada na USC, Xoán R. Doldán, analiza as consecuencias da explotación da mina de ouro de Corcoesto desde un punto de vista socioeconómico. No seu artigo, explica como a Xunta de Galiza favorece os obxectivos empresariais, minusvalorando ou desatendendo os custes ambientais e sociais. Dá conta de como a Administración está a centrar a atención nos elementos positivos, sobredimensionándoos, nun contexto social degradado ou en crise, procurando conseguir maior aceptación social. Porén, segundo o profesor, os efectos da mina sobre a economía local poderían hipotecar o futuro da comarca, como se explica neste artigo.

Os máis afectados. Testemuñas en primeira persoa

Carmen Bardanca

CERNA Nº 69 - Charcas con Vida: os pequenos humidais na túa man

Páx. 18-19

Na análise dos impactos da potencial mina de ouro de Corcoesto, recollemos a testemuña de 5 veciños e veciñas da comarca de Bergantiños afectados por este proxecto. De primeira man, relatan a súa situación e as consecuencias nefastas que a explotación aurífera de Edgewater suporía para as súas vidas. Recolle as testemuñas Carme Bardanca, membro da Plataforma en defensa de Corcoesto.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal