Páx. 4
A revusta OCU-Compra Maestra publicou no seu recente número 183 os resultados dunha enquisa realizada entre os socios e socias sobre a opinión que a xestión do lixo e a limpeza das cidades merece aos consumidores.
Páx. 5
Anque cuantitativamente as pilas representan unha porcentaxe moi pequena do lixo (da orde do 0,15%), son moi importantes desde o punto de vista ambiental polo seu contido en sustancias altamente contaminantes. Aínda que a Directiva 91/157 CEE instaba ós Estados membros a adoptar medidas respecto ó seu tratamento, o Estado español chega con retraso a implementalas.
Páx. 6
O 9 de xuño en Compostela celebrouse o último acto a favor da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) antes de ser debatida no Parlamento. A manifestación convocárona asociacións ecoloxistas, sociais e políticas, entre que as que se encontraban ADEGA, o BNG e CC.OO. entre outros.
Páx. 7-8
O Pleno do Parlamento Galego, cos votos do PP e do PSOE, rexeitou a toma en consideración da Proposición de Lei de Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) pola reducción, a reutilización e a reciclaxe e contra a incineración do lixo e dos residuos tóxicos e perigosos, a ILP que recibiu maior apoio social até hoxe no noso país. Só os deputados e deputadas do BNG votaron a favor.
Páx. 27
Os días 18 e 19 de maio tivo lugar en Madrid unha reunión da Rede de cidadáns contra a incineración, na que participaron membros de ADEGA. Nela analisouse a situación das incineradoras en funcionamento e dos proxectos en marcha no Estado. Na actualidade están en funcionamento unhas 20 instalacións de incineración de RSU, as que teríamos que sumar un longo número de pequenos fornos incineradores de residuos hospitalários e de resíduos industriais.
Páx. 3-7
O pasado día 9 de outubro tivo lugar na sala Fonseca de A Coruña o que foi o primeiro debate público tras o accidente ocorrido no vertedeiro de Bens, que sacou a palestra pública a grave situación do lixo urbano na Coruña, e por extensión no resto do país. Organizado por ADEGA, participaron no debate Ramón Vidal Romaní, Xosé González Ferreira, Manuel Soto e Oliva Núñez, estando convidados representantes do Concello de A Coruña e de Ferogasa, pero que non asistiron. O escritor Manuel Rivas faría a presentación e a moderación do debate. A asistencia ao acto dunhas 300 persoas puxo de manifesto o interese e a sensibilidade que o tema despertou en A Coruña.