Páx. 8-9
Que formas existen de entender a sustentabilidade? Que papel asigna o informe Brundtland á agricultura?... Eduardo Sevilla danos resposta a isto e máis.
Páx. 30-31
Sigo sendo ecoloxista...
CERNA Nº 71 - Outra xestión do lixo é posíbel
Páx. 13-17
Pedro Trepat, xunto con Alejandro Martín e Miguel Ángel Fernández, foi o avogado que defendeu a causa da plataforma NuncaMáis no xuízo do Prestige. Define a sentenza do Prestige como decepcionante e xuridicamente pouco sólida, dada a transcendencia do tema e a súa complexidade e achaca a unha especie de autocomplexo que se minimizase o impacto ambiental da catástrofe. Neste texto tamén se recollen as primeiras reaccións de varios membros de Nunca máis ás portas da Audiencia provincial da Coruña tras coñecer o contido da sentenza do Prestige, o pasado 13 de novembro.
Páx. 32
Francisco Diaz-Fierros Viqueira é catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola na Universidade de Santiago de Compostela. Profundo coñecedor da Galiza rural, da súa cultura e do medio natural galego, é presidente do Seminario de Estudos Galegos e vicepresidente desde 2002 do Consello da Cultura Galega. É tamén coñecedor do nacemento do movemento ecoloxista galego (foi presidente da Sociedade Galega de Historia Natural e é colaborador de Cerna e ADEGA-Cadernos). Actualmente participa en diversas investigacións sobre o Cambio climático. É autor de A Cuestión ambiental en Galicia: raíces dunha nova cultura (Galaxia, Vigo 2006). O pasado xuño de 2007 conversamos con el para Cerna.
CERNA Nº 54 - Viaxe ao Bidueiral de Montederramo
Páx. 44 - 45
Anxo Moure é ecoloxista, contacontos, educador ambiental e amante da bicicleta. Tamén é o fundador de Xevale Ecoloxía, de onde xurdiron as bicis-vixías e os cazadores de lixo. Ademais creou Bicis pola Paz e Ciclo biblioteca. Anxo leva xa moito tempo facendo educación ambiental a través das personaxes dos seus contos, os que comparte con todo tipo de público, dende nenos ata anciáns.
CERNA Nº 54 - Viaxe ao Bidueiral de Montederramo
Páx. 14 - 16
Esta galega declárase amante do coñecemento, da arte, da escritura e de provocar preguntas. Estreouse como escritora co libro "Eu non sei" a mediados dos setenta, época na que tamén nacía a súa face ecoloxista na procura da salvación do Monte de Santa Margarita de A Coruña fronte a especulación urbanística. Desde que fixo a súa tese doutoral sobre a Educación Ambiental, tenta conxugar a súa experiencia científica co seu lado máis artístico para construír o seu discurso ambiental, pretensión que logo derivaría no "proxecto Ecoarte", do que é directora. É doutora en Filosofía e Ciencias da Educación e autora de 20 libros sobre medio ambiente e sobre narrativa e relatos. En 1996 a UNESCO concédelle a Cátedra de Educación Ambiental e Desenvolvemento Sostíbel, que dirixe desde entón na UNED, en Madrid.